Aprobadas as mocións presentadas por Veciñanza para axudas a alugueiros e inicio de tramitación do PXOM
O escaso contido do pleno foi o impulsado por Veciñanza, con dúas mocións que procuraban o acordo do conxunto da corporación para apoiar as emendas teoricamente incorporadas ao documento de orzamentos. Dun lado, o establecemento de axudas ao alugueiro tanto para vivendas como para locais comerciais; da outra, o inicio dos trámites para redacción dun Plan Xeral de Ordenación urbanística que tanto precisa Cuntis.