Polo exercicio democrático de debater!

Na mañá deste mércores (día 13) coñeciamos a suspensión, por motivos alleos á vontade do CPI Don Aurelio, do debate electoral que estaba previsto celebrarse o vindeiro luns 18. Lamentamos que os veciños e veciñas de Cuntis non poidan asistir ao exercio democrático que constitúe un debate entre as forzas que concorren a unhas eleccións, pero quen sexa que está detrás da suspensión deste acto non merece a consideración de demócrata. Pola nosa parte, tan só reiterar publicamente a disposición para participar en calquera foro, cando e onde se nos diga, precisamente por respecto ao dereito da xente de Cuntis a que se produza un debate de propostas entre as opcións que concorremos o 24 de maio.

debate

Share

You may also like...