Veciñanza é a alternativa!

Está xa en todos os fogares de Cuntis e das parroquias o noso primeiro Boletín Informativo. Neste número, que tamén podes consultar nesta ligazón, Veciñanza preséntase como resposta á situación de necesidade pola que nestes momentos atravesa o noso Concello: unha candidatura veciñal, sen ataduras partidistas, capacitada e baseada na participación libre e na democracia interna. Tamén son días de visitar persoalmente todas as rúas e aldeas de Cuntis. Presentamos o noso programa electoral e recollemos un sentimento masivo: en Cuntis o cambio é unha necesidade urxente, unha cuestión de supervivencia colectiva.

No noso primeiro boletín informativo facemos unha breve radiografía dun dos principais problemas de Cuntis: o emprego e as  elevadas taxas de paro que padecemos. Explícase cal é a situación real do Polígono Industrial da Ran e seguimos a preguntarnos pola “inminente” instalación dunha fábrica de caucho en Cuntis. Do mesmo xeito, amosamos unha pequena escolma de exemplos que explican a xestión do Grupo de Goberno Municipal do Partido Popular nesta lexislatura.

Gobernarnos nós. Recuperar Cuntis.

BOLETÍN-page-001

Share

Tamén pode gustarche...