Veciñanza solicita a celebración dun pleno extraordinario de carácter económico

Veciñanza vén de rexistrar no Concello de Cuntis a solicitude para a celebración dun Pleno Extraordinario de carácter económico. Logo dunha lexislatura enteira sen térense aprobado uns orzamentos municipais, e operando cos de 2010, consideramos que para comezar o presente mandato é imprescindible facer unha avaliación xeral do estado de contas e informar aos veciños e veciñas da situación económica real. Guiados polo principio irrenunciable da transparencia, a cremos necesaria unha sesión extraordinaria para que se fagan públicas as contas de cada partida orzamentaria e de cada área de goberno. Así mesmo, consideramos tamén imprescindible a realización dunha auditoría económica para coñecer de xeito preciso o estado das arcas públicas do Concello.

Santi Martínez e Saleta FernándezNos últimos días o Alcalde de Cuntis facía público que existe, entre outras, unha débeda que ascende a case 50.000 euros correspondentes ao impago das Festas Patronais de 2014. Este feito xerou incerteza entre os veciños e veciñas de Cuntis, que no seu momento fixeran as súas doazóns económicas para tal fin e agora atópanse con este manto de opacidade non só no relativo ás contas públicas, senón ás súas propias achegas económicas. Tanto este punto como todo o estado económico son de urxente aclaración.

Os representantes municipais de Veciñanza agardan que a convocatoria se produza o antes posible e que toda a información económica poida ser posta a disposición dos veciños e veciñas de Cuntis. A transparencia era un dos puntos de acordo polos que Veciñanza deu o seu apoio na investidura a Manuel Campos, polo que agarda que se limpen os restos da lexislatura anterior na que primaba o escurantismo e a frivolidade no gasto público.

Share

Tamén pode gustarche...