O Tribunal de Cuentas admite a necesidade dunha auditoría en Cuntis

Unha das primeiras iniciativas de Veciñanza na Corporación Municipal de Cuntis foi o impulso dunha auditoría de contas para clarexar o estado económico do Concello. Todos os informes e documentación dispoñibles así o aconsellaban, pero a moción que presentou o noso grupo municipal non puido ser aprobada grazas ao voto en contra do PP e á abstención cómplice do PSOE.

Con todo, e guiados polo compromiso de traballar en prol da transparencia, acordamos remitir toda a documentación da que dispoñiamos ao Tribunal de Cuentas, organo estatal encargado da fiscalización económica das administracións públicas. Vimos de recibir resposta por parte do devandito Tribunal na que se nos informa de que a situación “presupuestaria e de gasto” do Concello de Cuntis pasa á Sección de Enxuiciamento “por existiren indicios de responsabilidade contable”.

Esta decisión do Tribunal de Cuentas avala a postura de Veciñanza a respecto da necesidade de aclarar a situación económica dun Concello que foi xestionado durante unha lexislatura enteira sen elaborar uns orzamentos, excedendo constantemente os límites de gasto, abusando de procedementos extraordinarios e normalizando o incumprimento da Lei de Contratos do Sector Público. Velaí a herdanza dun Partido Popular que practicou a irresponsabilidade en cada unha das decisións que adoptou.

Velaquí as declaracións do noso Voceiro Municipal, Santi Martínez, no informativo de Radio Estrada do día 14-1-16

E aquí a contestación do Tribunal de Cuentas:

resposta TdC_1 grande

 

Share

Tamén pode gustarche...