O cinema documental é unha das ferramentas máis valiosas para entender o mundo que nos rodea. A vontade de Veciñanza sempre foi máis alá de intervir nos espazos institucionais e a dinamización sociocultural é unha das nosas marcas de identidade. Este venres, 22 de abril, botamos a andar Documéntate, un ciclo de documentais no que un venres ao mes enfocaremos no noso local distintas realidades do mundo que no vivimos. A entrada, por suposto será de balde, e ao remate de cada proxección encetaremos un pequeno coloquio sobre a temática tratada. Recorda: comezamos este venres ás nove!
Nesta primeira data veremos ‘Món petit’, un interesante documental de Marcel Barrena (Cuatro estaciones) que nos nos achega ao tema da discapacidade física por medio dun mozo indomable que se resiste á súa condición de paralítico, nunha continua loita contra as limitacións e a enfermidade. O protagonista é Albert Casals, todo un exemplo de superación e de que se se quere pódese cumprir calquera meta que nos propoñamos… incluso, nas súas propias carnes, dar a volta ao mundo de forma improvisada e non planificada xunto á súa moza (sen cartos e sen equipaxe). Este é un pequeno adianto do que veremos este venres, agardámosvos!