‘En tierra extraña’, segunda sesión de Documéntate

Este venres, 20 de maio, chega a segunda proxección do ciclo ‘Documéntate’. Será ás nove do serán no noso local social e teremos ocasión de ver ‘En tierra extraña‘.A prestixiosa directora Icíar Bollaín reflexiona sobre o actual movemento migratorio no contexto do Estado Español elaborando un brillante traballo localizado en Edimburgo, capital de Escocia. O relato ten como fío condutor a experiencia dunha moza andaluza que impulsa unha iniciativa na procura de visibilizar a voz dos máis de 20.000 españois na cidade escocesa. Aquí tes un adianto:

WhatsApp-Image-20160514

Share

Tamén pode gustarche...