Pleno do 26 de maio de 2016: sen novidades no deserto.

Por segunda sesión consecutiva, o pleno celebrado o pasado xoves presentaba unha orde do día case baleira e a expensas do debate que puidese xurdir na parte de rogos e preguntas. Como xa temos manifestado, dende o noso punto de vista este é o reflexo máis claro dun goberno municipal sen ideas, sen iniciativas, sen proxectos para reverter a situación de declive poboacional e paro que segue a presentar Cuntis. Un goberno incapaz de ofrecer propostas que converteu as sesións plenarias en meros rituais nos que, como foi o caso do pasado xoves, queda en evidencia un nivel político que por momentos roza o patético nalgúns concelleiros/as.

O único contido foi a aprobación por unanimidade da adhesión do Concello de Cuntis ao novo GDR Salnés Ulla Umia, no que o noso municipio pasa a integrarse nun conxunto máis amplo de concellos que do que viña facendo parte ata agora. Os catro grupos da Corporación votamos en favor desta inclusión.

Screenshot at 2016-05-30 20:11:01Sen máis temas a tratar, a parte de ‘Rogos e preguntas’ ocupou o resto do tempo. Na quenda do Partido Popular o “intercambio de impresións” entre este grupo e algúns concelleiros do goberno bipartito aproximouse, en ocasións, a un sketch de comedia surrealista no que o nivel político baixou a mínimos. Son de lamentar certos comportamentos de representantes institucionais que por momentos evidenciaron moi escasa educación. De novo é Veciñanza quen grava e publica o vídeo do pleno para que cadaquén poida revisalo e tirar as súas propias conclusións. De entre varios momentos certamente lamentables, son de salientar as palabras que o Concelleiro de Cultura lle adicou ao sector dos comerciantes de Cuntis, área da que teoricamente el é o responsable. Non imos máis que sinalar a nosa sorpresa pola forma de referirse a este colectivo, aínda que tamén dicimos que o seu comportamento cada día sorprende menos e calquera cousa se pode agardar xa do titular municipal das áreas de Cultura, Patrimonio, Turismo, Comercio, Normalización Lingüística e Educación.

Na quenda de intervencións de Veciñanza manifestamos en primeiro lugar o noso desacordo polo decisión do Alcalde de restrinxir a posibilidade de facer preguntas unicamente aos voceiros de cada grupo. Foi unha imposición arbitraria, pois na sesión anterior calquera concelleiro/a tivo a oportunidade de preguntar nesta punto final da orde do día. Non compartimos e lamentamos esta restrición autoritaria e incomprensible, aínda que agardamos que non se consolide en vindeiros plenos. Os asuntos plantexados por Veciñanza foron os seguintes:

  • Na aldea de Piñeiros as deficiencias viarias seguen sen solucionarse logo da intervención dos operarios municipais naentrada norte da aldea. Veciñanza rexistrara a solicitude para que se procedera á limpeza da zona, e logo de que esta se producira, os problemas seguen para os veciños e veciñas do lugar ao veren como unha tubaxe soterrada por debaixo da pista se atopa rota e a auga entra nas casas en días de choiva. O alcalde afirmou que se solucionaría o problema pero sen ofrecer un compromiso claro e concreto, e mesmo protagonizou ao final do pleno un enfrontamento verbal cun veciño desta aldea que insistiu no que plantexamos demandando unha solución.
  • Logo de no pleno anterior o Alcalde ter afirmado que o Concello non presentara recurso á sentenza sobre o monte de Arcos, algúns veciños daquela parroquia fixéronnos chegar ese mesmo recurso efectivamente presentado uns días antes. Aínda que anteriormente o Alcalde contestara á mesma cuestión logo de expoñela o voceiro do Partido Popular, dicindo que non tiña constancia de que o avogado presentara sen o seu consentimento tal recurso, Veciñanza reiterou que a cuestión esixindo as aclaracións pertinentes.
  • Tamén da aldea de Arcos de Arriba recollemos a situación da escola rural daquel lugar, un edificio en condicións lamentables sobre o que existen dúbidas da súa titularidade. O Alcalde comprometeuse a informarnos de se estaba inscrito ou non no inventario municipal, que por certo está sen actualizar e non reflicte a realidade.
  • Preguntamos tamén pola situación sen rematar do saneamento precisamente naquela mesma aldea, onde un par de fogares foron excluídos deste servizo básico que o Concello debe instalar. Igual que anteriormente, o Alcalde fuxiu de concretar compromisos ante as nosas preguntas. Resúltanos incomprensible como para un goberno que se identifica como ‘de esquerdas’ este tipo de cuestións non representan unha prioridade clara e incuestionable. A día de hoxe, un servizo básico como é o saneamento non pode ser negado baixo ningunha escusa.
  • A última intervención do voceiro de Veciñanza foi para preguntar pola opinión do Alcalde a respecto das manifestacións públicas que o concelleiro de Cultura fixo sobre a proposta que presentamos para a conservación e posta e posta en valor da zona de petroglifos da Ran. Logo de mantermos unha moi cordial reunión co propio Alcalde, na que lle presentamos unha serie de iniciativas para a recuperación dunha zona en estado de abandono, o presunto concelleiro de Cultura reaccionou bruscamente afirmando que a nosa proposta contiña ‘erros‘ e carecía de ‘validez‘. Lonxe de alimentar polémicas absurdas e comportamentos infantís, quixemos saber se o Alcalde amparaba as afirmacións do seu socio de goberno ou se pola contra mantiña a súa postura inicial de recoñecemento do completo documento que no seu día presentamos. O Alcalde Manuel Campos entendeu a contradición e limitouse a recoñecer que a zona estaba ‘mal‘ e que el mesmo se puxera en contacto logo do encontro co noso grupo coa Xefatura Provincial para a limpeza da zona dos petroglifos da Ran (tal e como se comprometera con nós), pero evitou amparar as afirmacións do seu socio de goberno, como supoñiamos e é
Share

Tamén pode gustarche...