Dispoñible o novo número do noso boletín informativo!

Está chegando a todas as casas de Cuntis o novo número do noso boletín informativo. Nel facemos unha valoración xeral do que foi este primeiro ano de lexislatura: o primeiro ano de Veciñanza na Corporación e tamén o primeiro ano de goberno bipartito. Breve repaso polo noso traballo tanto no eido institucional como da nosa acción social, recordamos as nosas principais iniciativas e propostas así como a tarefa de dinamización sociocultural que pretendemos para Cuntis.

Non fuximos da autocrítica e expoñémola sen ningún tipo de reparo. Recoñecemos erros e buscamos solucións. Algo pouco frecuente na acción política que a nós non nos dá medo asumir. O último treito é para falar moi enriba do primeiro ano de continuísmo bipartito a respecto do goberno anterior. Unha crítica construtiva moi superficial que evita afondar nas grandes decepcións deste primeiro ano, precisamente porque a nosa tarefa busca outro enfoque.

Do noso compromiso coa labor informativa parte a publicación periódica do noso boletín, procurando chegar a todos os recunchos do concello e ofrecendo un formato agradable e un vínculo de comunicación. É un complemento das nosas ferramentas dixitais, mediante as cales somos o principal medio de información institucional de Cuntis na rede. Por enriba de quen debera asumir esa responsabilidade e que, tamén nisto, decretou unha clamorosa deixazón de funcións.

[pica na imaxe para ver/descargar o boletín]

boletinxullo16.compressed-page-001

Share

Tamén pode gustarche...