8 de marzo. Pola igualdade real, todos os días

A día de hoxe, o Día Internacional da Muller reivindica a bandeira da igualdade e do empoderamento da muller nunha sociedade agresivamente patriarcal e con consecuencias tan dramáticas como as que todas/os coñecemos. Ao longo dos anos a data foi perdendo (non por casualidade) a última palabra do seu título: Día Internacional da Muller Traballadora. A connotación sindicalista foi sendo progresivamente baleirada na pretensión de limitar a data a unha celebración sen contido. O movemento feminista está a conseguir recompoñer o significado desta conmemoración, simbolizando neste día a loita pola igualdade real todos os días do ano en todos os eidos da vida.

O 8 de marzo de 1857 as traballadoras de varias fábricas do textil de New York inician mobilizacións en protesta polas inhumanas condicións laborais ás que estaban sometidas. Reclaman a redución da xornada a 10 horas, a igualdade salarial e un tempo para o coidados dos/as fillos/as (o que hoxe coñecemos por conciliación). 146 traballadoras morreron nun incendio nunha fábrica de algodón, froito da resposta patronal ás reivindicacións daquelas mulleres.

A día de hoxe, a reivindicación feminista está máis vixente ca nunca. Segue a haber medidas concretas non conseguidas aínda dende aquela: a igualdade salarial, a conciliación laboral e familiar e a fin de novas discriminacións xurdidas co paso dos anos. Pero por enriba de todas, a principal esixencia que en 2017 temos é o dereito á vida e á liberdade polo simple feito de ser muller. A marxinación de toda violencia machista como condición indispensable.

Share

You may also like...