O aproveitamento lúdico das augas termais supón un dos principais atractivos que presenta Cuntis, así como o seu aproveitamento terapéutico. A día de hoxe, e ante o decadente panorama que temos no resto de sectores, é indubidable que estamos ante un recurso turístico que representa o principal motor económico da vila. Como é ben sabido, na actualidade este recurso atópase exclusivamente en mans privadas.
Partindo do irrenunciable e incuestionable principio do carácter público das augas termais, Veciñanza presentou un documento de alegacións ao Anteproxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, ao abeiro do Grupo Parlamentar de En Marea no Parlamento de Galicia. Esta regulación faise sen contar cun dos principais actores, os concellos onde abrollan as augas termais, e que poderían aproveitar esta lei para regular unha actividade enriquecedora dos mesmos e vertebrar diversas actividades para acadar un maior desenvolvemento socio-económico.
Resumimos aquí os sete eixos sobre os que se sustentan as nosas alegacións, que tamén dispoñibilizamos no seu conxunto:
1. Non se ten constancia da implicación de todos os concellos na elaboración do disposto neste anteproxecto e nomeadamente dos concellos nos que abrollan as augas susceptibles de aproveitamento.
2. Botamos en falta unha maior contribución da lei na atribución ao concello das competencias que lle poidan corresponder á marxe das urbanísticas dos terreos afectados, licencias de instalación, de instalación de infraestruturas termais, sustentables e respectuosas co medio ambiente, etc.
3. Non se prevé na regulación áreas termais de uso lúdico de xestión directa polos concellos, nos que as augas abrollen en terreos dos que non exista constancia da titularidade, para ofertar un turismo termal posibilitado e accesible economicamente a todos os públicos.
4. Atopamos que na regulación para a declaración como augas termais non se precisa informe da consellería competente en materia de sanidade, cando unha das fns que recolle a lei é a de velar pola salubridade e hixiene dos aproveitamentos lúdicos das augas termais.
5. En canto a os prazos, é claramente insufciente o prazo de 15 días o tempo de información do proxecto recollido no artigo 8.4 do borrador. Debería substituírse por o prazo dun mes hábil como mínimo.
6. Convén clarifcar moi ben os perímetros mínimos, medios e máximos e potenciar o acceso a usos lúdicos das augas termais de pequenas e medianas empresas por tratarse de usos ben diferenciados dous usos terapéuticos.
7. Sobre o plan de peche defnitivo e abandono do aproveitamento a regulación é bastante escasa
Tanto Veciñanza como En Marea seguiremos moi de preto o trámite parlamentar desta lei, tratando de orientar a regulación o máximo posible aos intereses do común e buscando impredir que un ben público, como son AS NOSAS augas termais sexa fonte de negocio unicamente para as mans privadas.