Seguridade: consellos e recursos

Este venres, 11 de maio, en Cuntis, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres ás 21:00 h, poremos enriba da mesa situacións da nosa vida diaria e consellos para reaccionar ante moitas delas. Falaremos de seguridade, escoitaremos consellos e valoraremos recursos. Son cuestións que nos atinxen a todos e a todas e adoptamos a nosa forma de asociación veciñal para sacar do ámbito institucional o noso traballo.

Medidas de autoprotección, situacións de risco e como evitalas, como actuar ante elas, delitos no interior da vivenda, delitos na vía pública (calotes, estafas, etc.), delitos en establecementos comerciais (uso fraudulento de tarxetas de crédito, etc), protección de menores tanto dentro como fóra da casa, os riscos de internet, etc. Son todas elas situacións presentes no noso día a día e ante as cales moitas veces podemos non ter claro que facer ou como actuar. Trataremos de fornecer recursos e consellos para todas elas, para o que contaremos con profesionais especializado na materia.

Share

Tamén pode gustarche...