Adiante a renovación do alumeado público do rural de Cuntis

O Pleno da Corporación Municipal de Cuntis aprobou, este luns en sesión extraordinaria, o inicio do proxecto para a renovación do alumeado público das zonas rurais do noso municipio. Contou co apoio de Veciñanza por tratarse dunha obra moi necesaria, se ben as formas deste Grupo de Goberno seguen sen ser as óptimas para que os grupos da oposición poidamos facer o noso traballo.Tal e como expuxo o noso voceiro, Santi Martínez, na sesión plenaria, Veciñanza apoia o inicio do expediente malia recibir a documentación o venres case ás tres da tarde e que consta de máis de 900 páxinas. Trátase dunha obra que será posible acometer grazas ao crédito sen intereses do organismo público IDAE por valor de 602.904’28 euros que o Concello de Cuntis terá que reintegrar nun período de dez anos.

Unha vez que se inicie o procedemento de contratación e se adxudique, comezarán as obras de reposición do alumeado público no rural cuntiense. As actuais lámpadas serán substituídas por tecnoloxía LED, de maior eficiencia enerxética e menor consumo.

Share

Tamén pode gustarche...