Exemplo práctico de incapacidade de xestión

Cando en ocasións dende Veciñanza falamos dunha falta de capacidade de xestión por parte do Goberno Municipal que xera consecuencias na práctica, sabemos que abondan os documentos que proban esas afirmacións. Como exemplo, hoxe rescatamos unha comunicación da Xunta de Galicia que vén a confirmar as limitacións deste Goberno: a exclusión do procedemento administrativo para obras na escola de Mesego.

Trátase dunha comunicación da Xefatura Territorial da Consellaría de Cultura na que exclúe ao Concello de Cuntis dun procedemento administrativo para a realización de obras de mellora na escola de Mesego, na contorna da capela de Santa Apolonia. A que se debe tal exclusión? Pois simplemente a que o Concello de Cuntis non remitiu en tempo e forma unha documentación que lle fora requerida para a execución destas obras. A exclusión do Concello de Cuntis data do mes de xullo do presente, mentres que a solicitude da Consellaría de Cultura realizárase no mes de decembro do ano pasado.

A recuperación das escolas unitarias do rural de Cuntis é para nós unha tarefa de primeira orde, así como a súa revalorización adicándoas a outros usos que as rescaten do abandono. Recoñecemos sen reparo que o Goberno Local comparte esta iniciativa, pero as súas incapacidades limítano en moitas funcións.

exclusión do Concello de Cuntis do procedemento para o arranxo da escola de Mesego

escola de Mesego

Share

Tamén pode gustarche...