Pleno do 29 de novembro de 2018

No día de onte tivo lugar a sesión ordinaria do pleno correspondente ao mes de novembro. Como vén sendo habitual, a orde do día presentaba unicamente asuntos de trámite que describimos a seguir:

Na quenda de rogos e preguntas, o noso grupo interesouse polas seguintes cuestións:

  • As contas da organización das Festas Patronais 2018, que o propio Concello remitiu xa hoxe mesmo aos fogares de Cuntis
  • A respecto da nosa moción aprobada o día 31 de maio para a recuperación do proxecto de Escola Infantil Pública, pregunta á que o Alcalde confirmou que non realizara ningún movemento máis que o preceptivo de dar traslado á Consellaría da aprobación da moción. Decepcionante.
  • Estado da tramitación da cesión da titularidade do Centro de Saúde á Consellaría de Sanidade, ao que a Secretaria Municipal confirmou que están agardando por unha certificación do catastro para que poida volver ao Pleno.
  • Recordamos que seguimos agardando polo informe solicitado o pasado mes de marzo a respecto dos pagos a empresas e medios de comunicación por parte do Concello de Cuntis, información que o Grupo de Goberno segue retendo. Os seus motivos terán.
  • Manifestación pola reposición do servizo de pediatría convocada para o vindeiro mércores día 5, na que se constatou a unanimidade dos grupos municipais.
Share

Tamén pode gustarche...