Nós, transparencia

A transparencia é un dos eixos principais sobre os que se ergue a razón de ser de Veciñanza. Para nós é unha cuestión irrenunciable na xestión do público, e así o esiximos na nosa tarefa institucional, pero tamén é un requirimento imprescindible no noso funcionamento interno.

Publicabamos, ao comezo da nosa andaina e xusto despois das eleccións municipais de 2015, as contas da nosa organización referidas á campaña electoral. Poden consultarse nesta web.

Hoxe, e cando faltan poucos meses para o remate da lexislatura, volvemos facer o mesmo exercicio: transparencia. Velaquí as nosas intimidades económicas. As forzas políticas debemos dar exemplo nesta materia, e máis as que sostemos a necesidade dun funcionamento democrático pleno.

Somos a única forza política de Cuntis que fai este exercicio, que non ten nada que agochar. Oxalá os outros tres grupos fixesen o mesmo e puideramos presumir en Cuntis dunha Corporación absolutamente transparente. Lamentablemente, aínda non é así.

Nós cumprimos.

Contas do Grupo Municipal de Veciñanza do ano 2017

Contas do Grupo Municipal de Veciñanza do ano 2018

Share

Tamén pode gustarche...