Canto nos custa a ‘boa prensa’ do Goberno Local?

En marzo de 2018 Veciñanza solicitaba un informe detallado dos pagos por parte do Concello de Cuntis a empresas e medios de comunicación. Case un ano despois, e logo de reclamalo en reiteradas ocasións, ese informe non chegou. A transparencia era un dos eixos que pregoara o novo goberno,  e por iso entendiamos que os veciños e as veciñas de Cuntis teñen dereito a saber a onde se destina cada céntimo dos orzamentos municipais. Neste caso, o Bipartito non nos puxo facilidades.

Tivemos que recontar, unha a unha, as facturas do ano 2018 que mediante Decretos de Alcaldía se ordenaron pagar a xornais, radios, medios e empresas de comunicación baixo calquera tipo de concepto. 22 medios ou empresas de comunicación cobraron do Concello de Cuntis só durante o ano 2018 a cantidade de 49.034’20 euros. Unha cantidade absolutamente disparatada que explica a negativa do Grupo de Goberno a entregar o informe que solicitabamos. Entrado o 2019 séguense a pagar facturas de 2018, polo que estas cantidades poderían incluso verse incrementadas.

Ademais do escándalo político que supón esta cantidade para un concello como o de Cuntis, non o é menos que estes pagos abónanse sen ningún tipo de criterio baseado en audiencias, distribución das publicacións, estudos de retorno do investimento, etc. Veciñanza considera que efectivamente debe haber unha partida o suficientemente dotada para a promoción e difusión das novidades do Concello, das festas e actos que se organizan, etc. Pero ese gasto debe estar suxeito ao rigor máis absoluto, debe ser correctamente previsto e orzamentado en cada exercicio e debe cumprir a súa función. De non ser así, calquera podería pensar que se están a empregar cartos públicos para mercar a fidelidade dos medios de comunicación e deseñar unha imaxe amable de quen goberna, cando non doutro tipo de intereses. Veciñanza confía en que se trate “só” dunha mala praxe na xestión e dunha ausencia total de fiscalización do diñeiro público, pero para poder disipar todas as dúbidas o PSOE e o BNG deberan reflexionar sobre como están a gastar os cartos de todos e todas.

Podes consultar o detalle das facturas ás que facemos referencia na seguinte ligazón:

Share

Tamén pode gustarche...

5 respostas

  1. 18 Marzo, 2019

    […] de Cuntis, o novo número do noso boletín informativo, o 9. Destaca por riba dos demais asuntos o reconto de facturas que o Concello de Cuntis paga a empresas e medios de comunicación sen o máis…. No mes de marzo do ano pasado, o Grupo Municipal de Veciñanza solicitaba un informe detallado a […]

  2. 1 Abril, 2019

    […] As cifras falan por si soas. Veciñanza considera un verdadeiro escándalo que non se entregue un informe de características económicas solicitado pola oposición, que se produzan sen ninguén tipo de reparo estes gastos, que o Alcalde non responda ás preguntas e que considere “adecuados” este tipo de excesos. […]

  3. 26 Febreiro, 2020

    […] comezar é preciso sinalar o contexto no que se atopa o documento económico que analizamos. Durante o ano 2018, o Grupo de Goberno (naquel momento bipartito PSOE-BNG) gastou en pubicidades, pr…, pagados a empresas e medios de comunicación local. Un reconto que tivemos que facer en Veciñanza […]

  4. 17 Novembro, 2020

    […] Goberno Municipal gastou no ano 2018 un total de 49.034’20 euros en pagar facturas a empresas e medios de comunicación. Durante o 2019, o gasto ascendeu a […]

  5. 21 Novembro, 2020

    […] a unha este tipo de facturas, para poder efectuar un rastrexo efectivo do montante deste gasto. Fixémolo coas facturas do ano 2018, previo ás eleccións municipais, e volvémolo facer coas do 2019, ano […]