Santi Martínez volverá encabezar a candidatura de Veciñanza ás eleccións municipais do 26 de maio

Esta fin de semana Veciñanza culminou o proceso interno de elección de candidato/a de Veciñanza. Santi Martínez, voceiro municipal durante a presente lexislatura, foi de novo elixido candidato á Alcaldía do Concello de Cuntis co respaldo unánime da asemblea.

Logo do encontro veciñal aberto celebrado o pasado 1 de marzo en Cuntis, a partires do cal Veciñanza conseguiu ampliar a participación e iniciar o traballo de cara aos comicios municipais de maio, esta fin de semana tiveron lugar as votacións internas dos/das participantes que arroxaron o resultado xa citado. Santi Martínez López, de 35 anos e veciño da parroquia de Troáns, obtivo o apoio unánime para volver a encabezar a candidatura veciñal máis activa durante a presente lexislatura.

O candidato de Veciñanza puxo en valor “o traballo feito durante os últimos catro anos, a experiencia adquirida, as incorporacións de novas compañeiras que durante as últimas semanas se sumaron ao proxecto e a boa receptividade de moitas outras, así como os valores máis importantes do equipo que Veciñanza presentará ás eleccións municipais: a solvencia e a capacidade”. Nas próximas semanas Veciñanza presentará un programa electoral que reflexará un proxecto de presente e de futuro para Cuntis.

Durante este semana ten lugar o procedemento para a elección do resto da candidatura. Tal ecomo establece o ADN de Veciñanza, de novo as persoas participantes na asemblea serán quen decidan, mediante o voto, a composición do equipo que acompañará a Santi Martínez. Veciñanza preséntase ás eleccións municipais de maio co único aval do traballo feito, exercendo unha oposición construtiva e en positivo, caracterizándose polas ideas e a presentación de novos proxectos. Veciñanza presentará un equipo capacitado para gobernar Cuntis, cun proxecto claro e transparente fronte ao resto de opcións que reiteradamente veñen evidenciando as súas limitacións. Veciñanza sostense no compromiso de ducias de persoas que militan na ilusión de construír un futuro mellor en Cuntis, sen ningunha outra aspiración nin ataduras.

Share

You may also like...