Aprobada a nefasta Conta Xeral do 2020. Resumo do pleno de 16 de decembro de 2021

No día de onte, xoves 16 de decembro, foi aprobada na sesión ordinaria do Pleno da Corporación a Conta Xeral do exercicio 2020, unicamente cos votos do PSOE. Era o asunto máis salientable dunha orde do día que de novo volvía estar baleira, e a falta de respecto do grupo de goberno negándose a contestar, dar contas e mesmo intervir situouse á mesma lamentable altura dos nefastos resultados económicos da súa xestión.

O voceiro do grupo municipal de Veciñanza, na súa intervención (17:27 no vídeo), puxo de manifesto o descontrol da xestión económica do grupo de goberno. A acumulación de facturas sen pagar dende o ano 2017, o incumprimento do Período Medio de Pago a Provedores, a presentación das contas fóra dos prazos legais, o abuso do mecanismo de levantamento de reparos de intervención, as ordenanzas desactualizadas e a negativa a corrixir todas estas prácticas converten ao goberno municipal de Cuntis en moi irresponsable.

A sesión rematou coas preguntas de Veciñanza a respecto de varios procesos xudiciais nos que está inmerso o Concello de Cuntis e a petición ao Goberno Local para proceda a mellorar a iluminación no Campo da Feira e a Horta do Cura.

Share

Tamén pode gustarche...