A xestión económica do PSOE deixa o Concello de Cuntis ás portas da intervención polo Ministerio de Hacienda

O acontecido no pleno ordinario do xoves día 3 de febreiro ben podería ser un resumo de toda a presente lexislatura: un goberno prepotente que, sen atender a razóns, valida unha xestión económica moi negativa para o propio concello. A aprobación do Orzamento Municipal para 2022, co único voto favorable do grupo socialista, nunha sesión na que o alcalde decidiu cun criterio moi discutible unificar nunha soa as intervencións dos grupos, cando había dous asuntos a tratar, culmina un trámite non especialmente escrupuloso coas formas.

O PSOE está a despregar unha intensa campaña publicitaria destes orzamentos, síntoma da necesidade de ocultar as súas carencias. Nesta estratexia nin sequera renuncia á mentira: afirma que incorporou as propostas dos grupos da oposición cando isto é ROTUNDAMENTE FALSO.

O Alcalde Manuel Campos é consciente da delicadísima situación financeira do Concello de Cuntis, froito dunha xestión económica irresponsable. O PSOE está a despregar unha intensa campaña publicitaria destes orzamentos, síntoma da necesidade de ocultar as súas carencias. Nesta estratexia nin sequera renuncia á mentira: afirma que incorporou as propostas dos grupos da oposición cando isto é ROTUNDAMENTE FALSO

detalle do informe de Intervención Municipal no que se advirte dunha previsión de ingresos ‘sobredimensionada’

O Alcalde Manuel Campos é consciente da delicadísima situación financeira do Concello de Cuntis, froito dunha xestión económica irresponsable, como así llo veñen advertindo os sucesivos informes dos propios técnicos municipais nos últimos meses. Tanto é así que o concello atópase ás portas da intervención por parte do Ministerio de Hacienda. O Orzamento Municipal deste ano contempla un total de 4’6 millóns de euros, cifra que acada debido á subvención ‘ReacPon’ da Deputación de Pontevedra para a obra das rúas do Espadenal, non por méritos na xestión económica do PSOE. O documento contempla unha previsión de ingresos sobredimensionada”, como sinala o informe de Intervención Municipal. O Grupo Socialista escúsase, como xa o facía o ano pasado, na inminente regularización do Polígono da Ran, malia que no que vai de lexislatura non presentou nin un só papel que demostre os avances dos traballos. A Corporación Municipal unicamente sabe o que di a propaganda de Alcaldía, pero en ningún momento foi convocada para recibir información ningunha nin se lle presentou convenio ningún, tal e como lembraba o voceiro de Veciñanza Santi Martínez no pleno do pasado xoves.

A xestión económica está marcada polas débedas a provedores municipais que se amontoan na conta 413 da contabilidade: facturas que o PSOE mantén sen pagar dende o ano 2017 e que superan, segundo o Informe de Intervención, os 790.000 euros (a 31 de decembro de 2020, co que o peche do exercicio 2021 elevará esta cantidade).

A débeda

A xestión económica está marcada polas débedas a provedores municipais que se amontoan na conta 413 da contabilidade: facturas que o PSOE mantén sen pagar dende o ano 2017 e que superan, segundo o Informe de Intervención, os 790.000 euros (a 31 de decembro de 2020, co que o peche do exercicio 2021 elevará esta cantidade). Ante esta situación, e ante o reiterado incumprimento do Período Medio de Pago a Provedores (a lei fixa un máximo de 30 días, o Concello de Cuntis sitúase por riba dos 200), o Ministerio de Hacienda obriga ao Concello de Cuntis a acollerese ao Fondo Extraordinario de Pago a Provedores, que consiste nun crédito con intereses para liquidar as débedas contraídas e que implica un plan de axuste. O que popularmente se coñece como unha intervención. Compre sinalar que a decisión de non pagar esas facturas acumuladas nin reservar crédito nos orzamentos municipais é unha decisión

A débeda viva do Concello de Cuntis sitúase nos 415.000, sen contar o acumulado na conta 413, que se sitúa arredor dos 800.000 a falta de coñecer o peche do exercicio 2021

política do PSOE, que puido liquidalas en tempo e forma. Boa parte destas facturas teñen un marcado carácter electoralista e débense á non formalización de contratos nin convenios con provedores de obras e servizos. Dito doutro xeito: un procedemento de contratación reiteradamente irregular.

 

Nestes momentos, o Concello de Cuntis presenta unha débeda viva de 415.000 € en préstamos sen intereses con outras institucións (nomeadamente o IDAE e a Deputación de Pontevedra). Nos vindeiros meses deberá subscribir dous préstamos máis, con intereses:

  • un co Ministerio de Hacienda para liquidar as facturas pendentes da conta 413 (o importe a fin de 2020 achegábase aos 800.000; o peche de 2021 incrementará notablemente esta cantidade)
  • e outro cunha entidade bancaria para reverter o Remanente de Tesoureiría Negativo, froito do desfase entre ingresos e gastos (roldará os 200.000 €).

A propaganda

comparativa entre os gastos en publicidade e algunhas das partidas destinadas a outros servizos e axudas

Por se o apartado da débeda non fose suficientemente grave, estes orzamentos consolidan o escandaloso exceso en partidas de propaganda e autobombo con recursos públicos que o PSOE mantén anualmente. É un asunto no que facemos especial fincapé posto que entendemos que a publicidade a mentira son únicos piares reais sobre os que se sustenta este goberno, xa que a súa xestión presenta un balance realmente prexudicial para o Concello de Cuntis.

A credibilidade do Alcalde en materia económica atópase gravemente danada logo de non cumprir nin un só dos acordos pactados con Veciñanza o exercicio anterior, como por exemplo era o inicio da licitación do PXOM, que tampouco contemplan estes orzamentos. Ademais, o cadro de investimentos do ano anterior atópase tamén sen cumprir na súa totalidade. Ademais, estes orzamentos reflexan a carencia dun proxecto de vila do PSOE para Cuntis. Ante a ausencia de desenvolvemento industrial, o Goberno Municipal non ten alternativa. Cunha grave crise demográfica, sen ordenación urbanística e sen un aproveitamento óptimo do potencial turístico e patrimonial.

A xestión económica do PSOE hipoteca o futuro de Cuntis a fin de que o Alcalde garanta a súa propia promoción política. Susténtase na propaganda, no autobombo e na mentira mentres mantén ordenanzas fiscais sen actualizar (o que dana gravemente a estrutura de ingresos), servizos continuados sen contrato (o que provoca o abuso dos procedementos de pago de facturas irregulares), prazas vacantes sen convocar e provedores municipais sen cobrar. Veciñanza optou pola abstención á hora de votar o proxecto de Orzamento Municipal, entre outras cousas por respecto ás entidades e asociacións que traballando durante o ano cos fondos que os orzamentos municipais lles proporcionan.

Moción de Veciñanza contra os recortes no PAC de Caldas

Por outra banda, foi aprobada tamén a nosa moción para dar traslado á Xunta de Galicia do rexeitamento ao recorte dun facultativo no PAC de Caldas, que atende as urxencias extrahospitalarias de Cuntis entre outros concellos. Ademais de denunciar o maltrato sistemático do SERGAS, botamos en falta un liderado firme por parte dos catro concellos afectados.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE VECIÑANZA PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA Á PRESTACIÓN DUN SERVIZO DE URXENCIAS SANITARIAS DE CALIDADE Á POBOACIÓN DE CUNTIS

Share

Tamén pode gustarche...