Sobre máscaras, lameiras e outros límites: os decretos que confirman a cacicada

O PSOE de Cuntis demostra unha evidente falta de respecto polas institucións. Confunde permanentemente o Concello de Cuntis e os recursos públicos coa súa estrutura política. É por iso que considera “detestables e repugnantes acusaciónso exercicio de control e fiscalización que lle corresponde aos grupos da oposición e que Veciñanza exerce coa maior responsabilidade. O verdadeiramente repugnante sería ser cómplices silenciosos das cacicadas máis evidentes do grupo de goberno municipal e do alcalde Campos en particular. É por isto que emprega sen ningún tipo de reparo a canle de comunicación do concello de Cuntis (un recurso público) para intervir na disputa política e mesmo para pedir a dimisión dun concelleiro e membro da Corporación do Concello. É un exercicio de perversión dos recursos públicos sen precedentes no noso municipio. O goberno municipal do PSOE demostra unha desesperación e un nerviosismo que o levan a degradar a calidade democrática do noso concello ata límites bochornosos, algo que tamén adoita facer o Alcalde nos últimos plenos cando nega as quendas de palabra e réplica aos grupos da oposición. O caciquismo e o autoritarismo nunca foron compatibles coa calidade democrática.

A redución do prezo das máscaras non é mérito nin do Concello de Cuntis nin dos seus provedores, senón que foi unha tendencia xeral en 2021 a respecto do ano anterior, entre outros factores polo efecto da vacinación. Se o novo provedor de material sanitario, cuxo administrador único é o concelleiro socialista de Barro, era o que ofrecía condicións máis vantaxosas, por que non se estableceu un contrato público debidamente regulado e publicado en vez de seguir pagando as facturas mediante levantamentos de reparo de intervención (ou sexa, facturas irregulares)?

O Concello non necesitará trasladar nada ao Tribunal de Contas xa que este órgano fiscalizador xa se encarga de controlar as contas municipais. Agora tamén, por mérito da xestión do PSOE, o Ministerio de Hacienda mediante a intervención e rescate ao que foi sometido o Concello vixiará a xestión do grupo de goberno.

A “lameira na que todo vale” á que se refire o Facebook do Concello de Cuntis está perfectamente representada na xestión ditatorial e autoritaria dos últimos plenos por parte do Alcalde. Os “límites éticos que non se poden traspasar” esquéceos o PSOE de Cuntis coa súa política de contratación de persoal, cos seus métodos de contratación que omiten reiteradamente os procedementos legais, co impago de facturas que levan ao Concello de Cuntis á intervención, co uso e abuso dos recursos públicos con fins electoralistas, cos indecentes gastos en publicidade, propaganda e autobombo, etc.

Veciñanza vai seguir exercendo a súa labor de control do goberno e denunciando os excesos con toda responsabilidade e rigor. O que fai o Goberno Municipal de Cuntis publicando as facturas que publicou é confirmar que dende a creación da empresa en cuestión, o Concello de Cuntis unicamente lle mercou ese tipo de material a ela converténdose en cliente fixo inmediatamente. A redución do prezo das máscaras non é mérito nin do Concello de Cuntis nin dos seus provedores, senón que foi unha tendencia xeral en 2021 a respecto do ano anterior, entre outros factores polo efecto da vacinación (estes datos recólleos un informe do Tribunal de Cuentas e resúmeos a web xornalística de Civio). Empregar ese argumento para desenfocar o evidente caciquismo da contratación é insultar a intelixencia colectiva dos veciños e veciñas de Cuntis. Se o novo provedor de material sanitario, cuxo administrador único é o concelleiro socialista de Barro, era o que ofrecía condicións máis vantaxosas, por que non se estableceu un contrato público debidamente regulado e publicado en vez de seguir pagando as facturas mediante levantamentos de reparo de intervención (ou sexa, facturas irregulares)?

 

Para completa o exercicio de transparencia que realiza o Facebook do Concello de Cuntis publicando as facturas de material sanitario, a seguir facilitamos os decretos de Alcaldía do ano 2021 mediante os que se fixeron eses pagos.

2021/168

2021/262

2021/341

2021/660

2021/795

2021/905

2021/957

 

Share

Tamén pode gustarche...