Pleno do 26 de maio de 2022

No día de onte celebrouse a sesión ordinario do pleno municipal correspondente ao mes de maio. Cómpre sinalar que foi o primeiro emitido en directo a través do perfil de Facebook do Concello de Cuntis, en virtude do equipo de gravación recentemente instalado.

En relación con isto, foi aprobada por unanimidade a implantación das actas electrónicas que incorporarán os arquivos audiovisuais gravados. Ademais, tamén se aprobaron o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, a desafectación dun camiño público sito no Lugar de Portela e o deslinde do Camiño da Misa.

Este último caso merécenos especial atención posto que o noso grupo leva traballando nel dende comezos da pasada lexislatura, resultando certamente inexplicable a pasividade e indiferenza demostrada polo grupo de goberno durante os últimos anos. Agardamos que desta vez se poida comezar definitivamente o percorrido para facer xustiza nunha causa na que os veciños e veciñas da Louriña teñen todo o mérito polo seu traballo e constancia na defensa dun ben público.

Share

Tamén pode gustarche...