Acumulación de mentiras no vertedoiro da Ran

Segundo o Sistema de Información de Residuos de Galicia, un Punto Limpo é unha instalación cun equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de especiais características. O obxectivo fundamental destas instalacións consiste en poñer a disposición dos cidadáns un espazo para a achega voluntaria de residuos que non poden ser xestionados polos servizos convencionais da recollida de lixo, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou a súa composición (residuos perigosos). No punto limpo sepáranse os distintos residuos segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu tratamento e valorización posterior. Así, evítase que o seu destino final sexan os vertedoiros, a rede de sumidoiros pública ou calquera outro punto de vertido incontrolado, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.

O que en Cuntis se coñece popularmente como Punto Limpo da Ran non figura no mapa de puntos limpos da Xunta, no que se sinalan os rexistrados e debidamente constituídos como tal en todo o País. É dicir, o da Ran non é un Punto Limpo formalmente constituído, xa que non cumpre os requisitos nin as condicións para obter tal categoría.

No ano 2008 o actual alcalde Manuel Campos, daquela xa concelleiro de Medio Ambiente, afirmaba que iniciara os trámites administrativos para a constitución formal dun Punto Limpo nas inmediacións do Polígono da Ran. Dicía, segundo recollen os medios de comunicación, que técnicos da Consellaría de Medio Ambiente (naquel momento en mans do PSOE) xa visitaran os terreos da futura instalación.

Dicía o candidato Campos que “o que no seu momento foi concebido como un punto de recollida de plásticos agrícolas e voluminosos, hoxe parecese mais a un basureiro”. A nova indicaba que naquel espazo acumulábanse “colchones, electrodomésticos, cajas e incluso coches de juguete, entre grandes bolsas”. Cadaquén pode valorar os avances da xestión socialista nesta materia nos últimos sete anos.

Cinco anos despois, en marzo de 2013, a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia (xa en mans do Partido Popular, ao igual que o Goberno Municipal de Cuntis), afirmaba que “avanza na implantación deste servizo e estase a traballar para a posta en marcha de 9 novas instalacións máis” (entre elas a de Cuntis) e que “irán entrando en servizo ao longo de 2013”.

En maio de 2015, a poucos días das eleccións municipais, o candidato socialista Manuel Campos, actual alcalde, advertía sobre “a nefasta xestión do lixo” do Goberno do Partido Popular, engadindo que “non hai mais que ver a situación do punto limpo na zona da Ran. Dicía o candidato Campos que “o que no seu momento foi concebido como un punto de recollida de plásticos agrícolas e voluminosos, hoxe parecese mais a un basureiro”. A nova indicaba que naquel espazo acumulábanse “colchones, electrodomésticos, cajas e incluso coches de juguete, entre grandes bolsas”. Cadaquén pode valorar os avances da xestión socialista nesta materia nos últimos sete anos.

En abril do ano 2021, varios concellos da nosa contorna manifestaban a vontade de constituír unha (nova) mancomunidade para, entre outras cousas, xestionar conxuntamente a prestación de servizos municipais. Como non podía ser doutro xeito, a xestión e recollida do lixo figuraba entre estes obxectivos.

Durante todos estes anos anos, a acumulación descontrolada de lixo nas dependencias municipais da Ran non fixo máis que aumentar. O depósito de todo tipo de residuos nas inmediacións do Centro Ocupacional da Ran, situado fronte ao campo de fútbol e a carón dunha industria alimentaria, foron configurando un aspecto verdadeiramente impresentable do que é o principal acceso dende o Sur á vila de Cuntis, pola N-640. Sepultadas alí por toneladas de lixo e residuos atópanse as palabras, promesas, queixas e denuncias do Alcalde Manuel Campos. Os parámetros máis elementais da vergoña recomendarían prudencia á hora de tratar este asunto. Pero unha vez máis, a arrogancia desmedida impúxose á precaución política. O convencemento de que unha promesa máis, ben difundida nos medios de comunicación debidamente financiados, podería sobrepoñerse á propia realidade guiou a actuación do goberno municipal do PSOE de Cuntis.

O pasado 3 de novembro de 2022, Veciñanza alertaba da situación do que xa é un vertedoiro incontrolado e ao que non debemos seguir chamándolle confusamente ‘punto limpo’. Propuñamos que se actúe de inmediato nunha situación impresentable, que acumula un regueiro de mentiras e na que se amontoa toda a incompetencia do goberno local de Cuntis. Vemos tamén notables restos das mentiras do Partido Popular, da marxinación que a Xunta de Galicia practica con este concello e da inoperancia do goberno municipal do PP que entre 2011 e 2015 figurou no Concello de Cuntis.

Dende Alcaldía de Cuntis emitiuse o día 5 de novembro unha nota de prensa a xeito de resposta, sen citar a Veciñanza e sen facer referencia aos feitos que denunciamos, pregoando aos catro ventos que “barállase” a creación dun punto de recollida de residuos de gran volume para os concellos de Cuntis, Caldas e Moraña. Afirman as amables crónicas que “o principal escollo” é a localización dun terreo no que fixar esta instalación. E así van pasando os anos…

Calquera veciño ou veciña cun criterio minimamente obxectivo sabe que as escusas do Alcalde de Cuntis non son certas, tampouco o son as promesas, e que as contradicións fan parte do seu historial político.

O anuncio do Alcalde de Cuntis foi amplamente difundido pola prensa local, xenerosamente financiada con fondos municipais. Contrastou especialmente co silenciamento coral que caracterizou a información ofrecida por Veciñanza, na que achegabamos imaxes actuais de como se atopa o vertedoiro da Ran. Malia que este sería outro debate, é fundamental non omitilo xa que representa á perfección o núcleo da acción de goberno do PSOE: a propaganda. A secuencia non só se repite, senón que é avalada mediaticamente: promesas incumpridas > abandono > denuncia silenciada > resposta amplificada. Tanto se falamos de xestión económica, de propostas, de críticas da oposición ou de recollida do lixo. É unha maquinaria perfectamente engraxada que funciona con precisión.

Calquera veciño ou veciña cun criterio minimamente obxectivo sabe que as escusas do Alcalde de Cuntis non son certas, tampouco o son as promesas, e que as contradicións fan parte do seu historial político. Se tivese un mínimo de credibilidade poderiamos alertalo de que por favor non elixan como punto para os vertidos un que está exactamente entre os tres concellos e que xa presenta un estado de abandono demencial: o encoro do Umia. Podemos estar tranquilos/as nese sentido porque ese anuncio non é máis que outra improvisación para saír ao paso do traballo da oposición. O grave do asunto é que, entre improvisación e improvisación, o lixo e os residuos de todo tipo seguen acumulándose sen ningún tipo de control.

Veciñanza levará ao vindeiro pleno unha moción para instar ao PSOE a que dunha vez por todas asuma a gravidade que supón manter o vertedoiro da Ran tal e como está e comece a traballar nunha solución inmediata. Máis alá do que decida votar o Alcalde no debate desa moción, dende Veciñanza rogámoslle que acometa este traballo o antes posible. Estamos en tempos nos que o compromiso medioambiental non pode agardar.

Share

Tamén pode gustarche...