Veciñanza consegue importantes modificacións do Orzamento de 2021
O Pleno da Corporación Municipal de Cuntis aprobou, na sesión extraordinaria do día 14 de xaneiro, os Orzamentos Municipais para...
O Pleno da Corporación Municipal de Cuntis aprobou, na sesión extraordinaria do día 14 de xaneiro, os Orzamentos Municipais para...
O pasado xoves, 26 de novembro, tivo lugar a sesión ordinaria do pleno correspondente ao mes de novembro. As nosas concelleiras asistiron de maneira telemática, sendo esta a primeira vez que se desenvolvía a sesión con intervencións de xeito non presencial. A seguir facemos referencia aos asuntos tratados no pleno, pero pódese visualizar integramente no vídeo que incluímos nesta publicación.
O gasto en propaganda e autobombo que realiza o Goberno Municipal de Cuntis mediante o pago a empresas e medios...
Onte, xoves 1 de outubro, celebrouse a sesión ordinaria do pleno da Corporación de Cuntis. Con motivo das restricións sanitarias...
Dez organizacións municipalistas galegas celebran que o Ministerio de Facenda rectifique a súa intención de incautar o aforro dos Concellos...
Un verán máis o encoro do Umia tínguese de verde. Esta imaxe, que se repite con moita intensidade dende que...
Despois de 5 anos, conseguimos que o Concello de Cuntis grave e publique os plenos. Na sesión ordinaria do mes de xullo aprobouse o Plan de Mobilidade Sostible e o IV Plan de Igualdade.
É o momento de levar ás urnas os aplausos do confinamento, o agradecemento aos sanitarios/as e a todo o persoal que arriscou a súa integridade traballando para manter a liña da vida nunha situación tan excepcional como a que vivimos fronte a un Partido Popular que xestionou de maneira electoralista a crise sanitaria e que mesmo aínda hoxe está a especular con ela en función dos seus intereses. É o momento de ter un goberno que reforce os servizos públicos e non un que os precarice.
O custo de humanizar o vial do Polígono non será unicamente o que paguemos de factura, senón todos os investimentos que podendo ser dedicados a outros fins teñen que ser destinados a tapar buratos negros desta obra. Poderíanse ter adicado a outros fins un total de 611.458,36 euros.
Os once anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo foron especialmente lesivos para Cuntis. É o momento de levar ás urnas as mobilizacións en defensa do servizo de pediatría, as reclamacións pola deficiente atención sanitaria no noso Centro de Saúde, o agradecemento ao persoal sanitario durante o confinamento ou a indignación colectiva ante o abandono ao que o Goberno Galego nos someteu nos últimos anos. Para construírmos o futuro, hai que botalos.