Categoría: Novas de Veciñanza

Pleno ordinario do 26 de novembro de 2020

O pasado xoves, 26 de novembro, tivo lugar a sesión ordinaria do pleno correspondente ao mes de novembro. As nosas concelleiras asistiron de maneira telemática, sendo esta a primeira vez que se desenvolvía a sesión con intervencións de xeito non presencial. A seguir facemos referencia aos asuntos tratados no pleno, pero pódese visualizar integramente no vídeo que incluímos nesta publicación.

O Partido Popular esquece a sanidade na súa campaña electoral en Cuntis

É o momento de levar ás urnas os aplausos do confinamento, o agradecemento aos sanitarios/as e a todo o persoal que arriscou a súa integridade traballando para manter a liña da vida nunha situación tan excepcional como a que vivimos fronte a un Partido Popular que xestionou de maneira electoralista a crise sanitaria e que mesmo aínda hoxe está a especular con ela en función dos seus intereses. É o momento de ter un goberno que reforce os servizos públicos e non un que os precarice.

É o momento

Os once anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo foron especialmente lesivos para Cuntis. É o momento de levar ás urnas as mobilizacións en defensa do servizo de pediatría, as reclamacións pola deficiente atención sanitaria no noso Centro de Saúde, o agradecemento ao persoal sanitario durante o confinamento ou a indignación colectiva ante o abandono ao que o Goberno Galego nos someteu nos últimos anos. Para construírmos o futuro, hai que botalos.