Category: Novas de Veciñanza

Encontro veciñal aberto: venres 1 de marzo

convocamos para este venres, día 1 de marzo, un encontro veciñal aberto para compartir reflexións, para escoitar críticas e facer autocrítica, para render contas e para sumar forzas. Ás nove da noite, na Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres”, están convocadas todas aquelas persoas interesadas en aportar o seu gran de area nun proxecto de presente con vocación de futuro en Cuntis.