Veciñanza presenta unha candidatura encabezada por Santi Martínez López (Troáns, 1984). É Técnico Superior en Administración e Finanzas e Especialista en Relacións Laborais pola USC. Traballa dende hai anos nunha fábrica do sector textil na que é Presidente do Comité de Empresa. Participou en varias iniciativas do tecido asociativo tanto de Cuntis como da comarca, e ten colaborado con algúns medios de comunicación con artigos de opinión. Presenta unha recoñecible traxectoria de compromiso e implicación en causas sociais tanto a nivel local como de ámbito superior.
Humildade, coherencia e responsabilidade son os mellores termos para definir ao noso candidato, que á fronte do equipo de Veciñanza traerá un goberno de sentido común e trasparencia a Cuntis.
Velaquí podes ver a entrevista gravada en campaña electoral: