Veciñanza En Marea!

Os tempos políticos que vivimos fixeron agromar, nas Eleccións Municipais de 2015, máis dun cento de candidaturas municipalistas impulsadas polos ventos de ruptura que veñen soprando no País. A confluencia e o encontro baixo mínimos comúns véñense a presentar como o camiño adecuado para defender as nosas condicións de vida tal e como as coñeciamos, así como para novas conquistas en clave democrática. Sobre dous eixos, o nacional e o social, antepoñemos o que nos une fronte a quen privatiza as posibilidades de futuro na nosa Terra.

En cada proceso electoral o espazo político da confluencia foi medrando e mellorando na súa metodoloxía. A coordinación das candidaturas municipalistas baixo o paraugas de Mareas en Común foi quen de marcar un proceso no que se integraron as forzas políticas que xa viñan convivindo no aspecto electoral. O que no seu día fixemos no ámbito local precisaba da amplificación ao eido nacional para seguir dándolle continuidade ao traballo, ficar illadas/os non serve como alternativa e as maiorías así o entenderon. Veciñanza vén participando no encontro de candidaturas municipalistas e faino, agora tamén, na desembocadura dunha candidatura solvente para conquistar a Xunta de Galicia. O contrario sería permanecer na máis perxudicial das incoherencias e autoexcluírse dun proceso con capacidade para influír no local. O cambio non chegará illado senón que asolagará o País enteiro antes ou despois!

En Marea democratizouse e conta agora coa forza dos/das que apostamos pola xenerosidade para pelexar polo cambio! En pé de igualdade, forzas políticas tradicionais e candidaturas municipalistas novas remamos xuntas para impulsar a Luis Villares á Presidencia da Xunta de Galicia!

villares_756743_manual